viernes, 30 de octubre de 2015

Sinaturas a favor da adscrición das ensianzas artísticas superiores á Universidade. Sinaturas pola dignidade

En 2012 a Plataforma Estatal pola Adscrición e Integración das Ensinanzas Artísticas no sistema universitario lanzou unha campaña de recollida de sinaturas que en poucos meses chegou á cifra de 12.500. E segue medrando.

Volvemos recuperar a campaña dado que nos próximos meses se vai decidir o futuro que poidan ter estas ensinanzas. 

Se queres que as ensinanzas artísticas superiores sexan universitarias tes dúas dúas opcións:

1. SE XA ASINACHES, BUSCA PERSOAS QUE ASINEN
2. SE NON ASINACHES, ASINA E LOGO VAI AO PUNTO 1.


Se necesitas información, non deixes de visitar o blog da Plataforma Estatal. Atoparás argumentos de sobra para ver que a Universidade é a única opción.

Pola adscrición das ensinanzas artísticas superiores á universidade

A Plataforma Galega pola integración das ensinanzas artísticas no sistema universitario galego incia neste mes de novembro de 2015 diferentes actividades orientadas a que no curso escolar 2016-2017 as ditas ensinanzas inicien o proceso de adscrición. Para iso fai público un documento que asinarán diferentes forzar politicas nun acto que se vai celebrar en Compostela o 27 de novembro de 2015.

Ao mesmo tempo as asembleas e asociacións de estudantes desenvolverán diferentes accións na mesma dirección, de forma coordinada con outras asociacións e asembleas do resto do Estado. Comezamos a loita. Súmate.


DECLARACIÓN DO 27 DE NOVEMBRO DE 2016
POLA ADSCRICIÓN DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES Á UNIVERSIDADE

Desde hai varios anos, a Plataforma Galega pola Adscrición e Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no Sistema Universitario Galego vén reclamando iniciar o proceso voluntario de adscrición universitaria de tales ensinanzas. Como resposta a decisións democráticas nos respectivos órganos de goberno, na Plataforma intégranse centros superiores de titularidade pública (Conservatorios Superiores de Música da Coruña e de Vigo, a Escola Superior de Arte Dramática e a Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais), as asociacións de estudantes dos mesmos, e os sindicatos CIG, CCOO, STEG e FETE-UGT.
Entendendo que se trata dunha reclamación lexítima, que só pode redundar na posta en valor das ditas ensinanzas, e na mellora da situación do alumnado, do profesorado, dos centros e dos servizos que estes prestan á sociedade, as forzas políticas que máis abaixo subscriben, acordan trasladar esta demanda ao Congreso dos Deputados e Deputadas e propoñer unha normativa que articule esta posibilidade xa contemplada na LOE, e ao mesmo tempo iniciar o proceso de adscrición en Galicia no curso escolar 2016-2017 no suposto de que as mesmas teñan maioría suficiente no Parlamento de Galicia tralas eleccións autonómicas de 2016.