martes, 26 de enero de 2016

2016, o ano da adscrición. Comeza a loita definitiva pola adscrición / integración das EEAASS na Universidade

Nestes días últimos do mes de xaneiro na Plataforma xa estamos a traballar para comezar o traballo para a consecución neste mesmo ano da nosa demanda: adscrición das ensinanzas artísticas superiores á universidade. Por iso imos traballar en dúas frontes:

1. Trasladar ao Congreso dos Deputados en Madrid a nosa demanda dun Real Decreto que regule o procedemento de adscrición e conteña aspectos substantivos da mesma.

2. Trasladar aos partidos políticos de Galicia a necesidade de comezar a preparar un plan de traballo para iniciar a adscrición neste mesmo ano de 2016, segundo o acordo asinado na Declaración do 27 de novembro, que se pode ler nesta mesma páxina.

Coa forza renovada e a ilusión intacta pola adscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario