jueves, 28 de abril de 2016

Exito absoluto en Galicia da convocatoria Somos Universidade, feita polas Plataformas Galega e Estatal pola integración das ensinanzas artísticas superiores na universidade

A xornada do 27 de abril foi un gran éxito, especialmente en Galicia, coa mobilización de alumnado, sindicatos do ensino, e diversos profesionais do campo artístico e cultural nas cidades de Pontevedra, A Coruña ou Vigo, onde se leu o Manifesto do 27 de abril e onde a prensa recolleu de forma notable o desenvolvemento da mesma. Mesmo deu lugar a que en diferentes cidades se comece a falar do Movemento 27 de abril. En Faro de Vigo, fomos portada, primeira páxina.

 

En Galicia temos moito traballo por diante. Queda por organizar adecuadamente o seguinte paso e substanciar os principios contidos na Declaración do 27 de novembro de 2015 para iniciar a adscrición neste memo ano.

En breve a Plataforma Galega celebrará unha xuntanza en Santiago de Compostela para organizar o traballo dos próximos meses, coa finalidade última de que o curso escolar 2016-2017 sexa o ano da adscrición.

A continuación fotos das concentracións, con enlaces a prensa no nome do centro:





1 comentario:

  1. Esto debió de hacerse ya hace años, pero no se podía porque el profesorado no tenía la calidad de doctor. Por favor, si finalmente acceden a cambiar la normativa, exigid que vuestros docentes sean "doctores en..." y que lo sean a base de trabajárselo, nada de ir convalidando títulos como fueron haciendo hasta ahora.

    ResponderEliminar